1

XVIII Xornadas

O 13 de febreiro terán lugar as XVIII Xornadas da Asociación de teólogas españolas que levará como título Es ti ou agardamos a outro? A salvación na que cremos as mulleres. Nelas intervirán Cristina Simonelli, Lucía Ramón Carbonell e a irimega Carmen Soto. Máis información na páxina www.asociaciondeteologas.org e asociaciondeteologas@gmail.com.

2

Plataforma Agro Novo. A asociación do Barbanza Sachos á Rúa pon en marcha unha plataforma que pon en contacto os propietarios e os demandantes de vivendas no rural. Para contactar con eles: sachosarua@gmail.com e os teléfonos 686 097 190 / 663 562 818. Cada vez hai máis iniciativas coma esta que van cobrando vida e que tan necesarias son para evitar o paradoxo de que cada vez máis xente queira vivir no rural e porén, este continúe despoboándose.

Agro Novo

3

Martín Ferreiro Álvarez

O pasado 27 de xaneiro celebrouse un acto homenaxe a Martín Ferreiro Álvarez, concelleiro republicano nado en Cercedo, Pontevedra. Fillo de canteiro, trasladouse sendo moi novo á cidade de A Coruña onde se vencellou ao ramo da construción. No ano 31 foi elixido concelleiro polo Partido Republicano Radical-Socialista. En 1936 fuxiu da Coruña, pasou clandestinamente a Portugal, de onde marchou a Francia. Ao remate do ano 39 participou na II Guerra Mundial. Foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen onde faleceu en novembro de 1941.

4

Gato Estudio lanza unha actualización do videoxogo The Waylanders. Trátase dunha aventura de rol, en galego, ambientada na cidade medieval de Santiago de Compostela onde destaca o Pórtico da Gloria e o botafumeiro.

Gato Estudio

5

editorial Galaxia

Parabéns para a editorial Galaxia que puxo dispoñibles na Internet os 156 primeiros números da revista Grial en formato pdf. En palabras da propia editorial, Grial é o fío que a vencella coas institucións que a precederon na defensa de Galicia, como o Seminario de Estudos Galegos, as Irmandades da Fala e a Xeración Nós.

6

A radio segue sendo unha compañía imprescindible en tempos de pandemia. Parabéns a todos aqueles/as que traballades nese eido, especialmente ás pequenas radios que miman con agarimo a proximidade e a contorna con programas coma O moucho voa en RadiONeria da Costa da Morte.

ALCOA

7

os mercados de alimentos de proximidade

Un dos sectores aos que llo está poñendo difícil a pandemia son os mercados de alimentos de proximidade. O pasado domingo 24, o Sindicato Labrego Galego organizou unha concentración en Melide na que se defendeu o dereito a vender alimentos labregos e produtos locais porque, entre outras virtudes, son a opción de compra máis segura para todos.

8

Queremos lembrar e celebrar a vida do crego paúl recentemente falecido Bieito Peleteiro. Xunto cos seus irmáns Manolo e Xosé estiveron 25 anos en Filgueira da Barranca cooperando activamente desde o seu sacerdocio a prol dun mundo rural vivo e con futuro. Antes Bieito estivera traballando con emigrantes no estranxeiro. Colaborou en emprendementos reivindicativos como o Movemento Rural Cristián, a asociación Roxín Roxán, a revista “Quequedequenoconte”. Boa xente, moi boa xente. Aperta eternamente agradecida.

Bieito Peleteiro