1

Os muros dos conventos de clausura de Compostela revelarán ata decembro os seus segredos a través de varias rutas guiadas dentro do programa SERVAS DE DEUS, DONAS DE SI de Compostela Cultura. Alén da súa riqueza patrimonial, a actividade centrarase nas interesantes historias de contrapoder, resistencia, intrigas políticas e sociais tecidas intramuros nestas comunidades de mulleres relixiosas.

2

O concerto do Sergas co centro Povisa de Vigo, iniciado durante o mandato de Manuel Fraga, supón un custo de 80 millóns de euros ao ano (sen IVE), o que representa o 80% dos ingresos do hospital. Nos dous últimos anos, porén, duplicouse o número de doentes que solicitaron un cambio de centro asistencial, principalmente a outros públicos, por eivas na prestación do servizo que afectan tanto ao persoal do centro coma aos doentes. Con todo, a Xunta porfía en facer derivacións a centros privados.

Hospital POVISA

3

Foto festa San Froilan
As festas de San Froilán de Lugo non son as mellores de Galicia (todas o son), nin as últimas do ano (quedan as San Lucas de Mondoñedo…). Porén, seguen a ser unhas festas nas que o pregón, as barracas, o polbo, a música na rúa, o Domingo das Mozas, a ofrenda a Rosalía, a venda ambulante, a feira do mel, a de olería, as verbenas, as mostras e, en fin, ese todo fiado coa esencia de feira popular que nunca perdeu, fan que ben pague a pena deixarse caer.

4

A historia dun dos moitos campos de concentración franquistas —o da Illa de San Simón— xa ten versión cinematográfica. Miguel Ángel Delgado estreou nos cinemas a súa ópera prima, San Simón, no mes de outubro. Trátase dun relato tecido desde a lembranza dun prisioneiro que, sete anos despois de abandonar a illa, conta a súa vivencia e a doutras mulleres e homes que foran presos alí e dos que moitos non voltaron con vida.

Cartel da película SAN SIMÓN

5

Campo con vacas
No ano 1985 había 415.000 persoas en Galicia que vivían do sector agrogandeiro. A día de hoxe, ese número reduciuse ata as 50.000, tendo en conta que as titulares das explotacións superan, en moitos casos, os 55 anos de idade. Esta tendencia, común na UE, é moi relevante no país, onde se están a propoñer medidas para lle facer fronte á situación. As propostas xiran arredor do relevo xeracional, mais tamén de aspectos sociais, formativos, da dotación de servizos e de facilitar o acceso á terra.

6

Abril é un dúo de músicas da contorna viguesa —Claudia Abril e Marina Carpente— que, na liña doutras formacións contemporáneas galegas, crean as súas propostas musicais a partir de bases tradicionais (ás que lles engaden tamén outras melodías ibéricas), con harmonías e sonoridades actuais. Pandeireta, pandeiro, violín e voz navegan no seu folk coidado e coidadoso.

dúo musical Abril

7

Lomo de libros
A edición de libros en galego pasou por diferentes etapas de auxe, crise e consolidación nos últimos anos, que elevaron os títulos publicados desde os cen anuais de finais dos setenta aos 1.500-2.000 da actualidade, e á existencia de trinta proxectos editoriais. As novas posibilidades para o sector ábrense na edición infantil e xuvenil, na banda deseñada, nas traducións e no formato dixital. No lado oposto, pesan aínda a necesidade que ten o sector de apoio institucional e o volume do público lector.

8

Desde 2021 as mulleres afganas padecen unha serie de prácticas de “apartheid de xénero” que supoñen a privación dos seus dereitos fundamentais. Son accións lexislativas e transversais que afectan gravemente á súa dignidade, autonomía e desenvolvemento persoal, como a prohibición de acceso ao ensino secundario e á universidade, a moitos tipos de traballo, o exercicio de cargos públicos e outros moitos límites para os que a presión internacional non abonda para forzar o réxime a introducir cambios.

mulleres afganas