1

BANCA PÚBLICA GALEGA

Segundo Luzes de Galiza, son xa 43 os municipios rurais que carecen de oficina bancaria. Se a iso engadimos o aumento dos gastos de comisión que afectan principalmente ás rendas máis pequenas, comprobamos que cada vez cobra máis sentido a creación dunha BANCA PÚBLICA GALEGA que dea servizo bancario e financeiro alá onde a banca privada non pode ou non quere chegar. Internet non pode ser a única saída de xestión bancaria para os clientes da banca, principalmente para os maiores.

2

As recentes axudas á tradución literaria concedidas pola Xunta de Galicia non deixaron nada satisfeitas a moitas editoriais galegas. A TRADUCIÓN ao galego segue sendo unha das grandes eivas da edición, que dificulta en gran medida o acceso á literatura universal non só das obras recentes senón tamén dos clásicos. Xa queda moi atrás no tempo o gran esforzo tradutor dos oitenta e noventa de moitos títulos que, por desgraza, son hoxe inencontrables, nomeadamente os clásicos da narrativa xuvenil.

A TRADUCIÓN

3

PREZOS ENERXÉTICOS

Iberdrola e Naturgy están sendo investigadas polo baleirado de catro encoros en Galicia. Os abusivos PREZOS ENERXÉTICOS que está cobrando o sector parecen estar detrás desta acción que reduciu as reservas de auga de forma anómala nos últimos meses. Os niveis de explotación enerxética parecen totalmente desproporcionados e os niveis de auga baixaron alarmantemente.

4

2021 foi un gran ano para as GANDARÍAS DE VACÚN DE LEITE de pastoreo con pouco uso do penso. A importante alza nos prezos do penso e do leite fixo que as contas daquelas explotacións que producen a súa propia forraxe, co evidente efecto favorable sobre o coidado do campo, experimentasen unha importante mellora. Lémolo en www.campogalego.gal.

GANDARÍAS DE VACÚN DE LEITE

5

JUANA CAPDEVIELLE

JUANA CAPDEVIELLE, muller progresista, veu vivir a Galicia en 1936. Na súa mocidade recibiu unha ampla formación e desenvolveu o seu labor profesional como pedagoga e bibliotecaria. Juana asistiu na implantación da Clasificación Decimal Universal nas bibliotecas, organizou un servizo de lecturas para persoas enfermas e dirixiu importantes centros, chegando a ser a primeira muller xefa dunha biblioteca universitaria en España. Asasinárona o mesmo día e pola mesma causa que a Bóveda.

6

A cooperativa Rexenerando editou “FÁLAME CON CARIÑO”, unha guía de preguntas e respostas para familias e docentes sobre educación afectivo-sexual na adolescencia. Temas como a menstruación, a diversidade, a masturbación e o consentimento abórdanse na guía, que se pode descargar dende a propia páxina web (rexenerando.com/recursos).

FÁLAME CON CARIÑO

7

SUREXPORT

Varios sindicatos e asociacións galegos apoiaron un comunicado contra SUREXPORT, unha empresa que nos últimos anos replicou o modelo agroindustrial que practica en Huelva na explotación de arandos, amorodos, amoras e framboesas na Terra Chá. A denuncia recae tanto sobre o sistema intensivo de produción como no réxime laboral de Surexport, que vulnera os dereitos do persoal, sobre todo das persoas inmigrantes que contrata, xera emprego precario e temporal e contribúe ao despoboamento do rural.

8

Nemesio Barreiro Casal promoveu a construción en 1918 do fermoso TEATRO PASTOR DÍAZ de Viveiro. Pasou por varias mans antes de que o concello o mercase en 1988 para rehabilitalo, podendo reabrirse ao público oito anos despois, en 2001. A programación municipal comprende concertos musicais e obras de teatro e acolle tamén a participación de asociacións e colectivos cidadáns.

TEATRO PASTOR DÍAZ