1

BEA A DE ESTRELLA TEN NOVO DISCO

BEA A DE ESTRELLA TEN NOVO DISCO. Na páxina de verkami.com podedes comprobar a calidade do seu novo libro disco Mareira. Cantautora de sentimentos e emocións propón unha viaxe musical que xunta son cubano, tango, blues, jazz, pop e a fusión do son máis tradicional con outros estilos e letras líricas moi persoais.

2

DO DESERTO DE TINDUF AO CORAZÓN DA CORUÑA, UN CAMPAMENTO SAHARAUÍ NOS XARDÍNS.V ENCONTRO INTERNACIONAL ACAMPA. 9,10 E 11 DE SETEMBRO 2021. Os días 9, 10 e 11 de setembro o centro da cidade da Coruña volverá ser un espazo de denuncia da situación das persoas refuxiadas e migrantes e as causas que as empuxan a fuxir dos seus fogares e países. Haberá exposicións fotográficas, presenza de activistas de recoñecido prestixio e fotoxornalistas e todo tipo de actividades paralelas para visibilizar esta situación.

DO DESERTO DE TINDUF AO CORAZÓN DA CORUÑA, UN CAMPAMENTO SAHARAUÍ NOS XARDÍNS.V ENCONTRO INTERNACIONAL ACAMPA

3

MERCADO DAQUÍ DARREDOR

A asociación DAQUI DARREDOR inicia unha nova andaina coa organización do MERCADO DAQUÍ DARREDOR, un mercado para dar a coñecer os nosos produtos da horta, frescos ou transformados, a nosa artesanía, a nosa gastronomía, e para promover a reutilización cos postos de segunda man. Admitiranse os seguintes postos: produto labrego e artesanía. DAQUÍ DARREDOR é un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas e gandeiros. A partir do 2 de xullo, de 6 a 10 da tarde, haberá mercados os primeiros e terceiros venres de cada mes.

4

Centos de persoas participaron nunha marcha cívica A CARÓN DO PAZO DE MEIRÁS para protexer os bens que se conservan no interior do inmoble. Uns setenta colectivos esixiron que as administracións se poñan de acordo para evitar o espolio dos bens do pazo, un inmoble que reclamaron para o pobo e para a memoria dos represaliados no franquismo. Nun principio os xardíns do pazo abrirán ao público a partir da vindeira fin de semana, logo de que a propiedade se lle restituíra ao Estado mediante unha sentenza xudicial despois de 82 anos de ocupación por parte de Francisco Franco e da súa familia.

A CARÓN DO PAZO DE MEIRÁS

5

FURANCHOS.COM

FURANCHOS.COM é un portal no que podemos atopar información sobre esas casas particulares nas que os visitantes poden degustar o viño propio do terreo acompañándoo duns manxares caseños á altura da calidade do viño. Nos últimos anos, Galicia está elaborando, renovando, recreando e mesturando saber tradicional co saber novo de ducias de viticultores que se incorporan a unha actividade que non cesa de recibir loanzas e parabéns alá onde chega.

6

CAMPOGALEGO.GAL segue sendo o noso portal dixital favorito á hora de consultar a actualidade labrega. A entrevista feita ao gandeiro Carlos Calvo, de Gandería Zapateiro SC (Sobrado dos Monxes), é unha boa mostra. Desde que se incorporou en 2014 con 24 anos, construíu unha corte nova para aumentar a comodidade do gando e duplicou o número de cabezas, pero segue sacando as vacas a pacer. Hoxe é unha das ganderías que subministra o novo leite de pastoreo ao Grupo Lence.

CAMPOGALEGO.GAL

7

2020 FOI UN ANO DIFÍCIL PARA OS DEREITOS HUMANOS

A valedora do Pobo recoñece que 2020 FOI UN ANO DIFÍCIL PARA OS DEREITOS HUMANOS. No seu informe anual indica que “as dificultades na procura dos dereitos humanos non nos deben levar ao desánimo, senón a reforzar o noso compromiso. Non deixaremos de prestar atención aos problemas anteriores, que se agudizaron coa situación da pandemia como a desigualdade de mulleres e homes, a violencia de xénero, violencia e acoso, explotación humana, persoas con discapacidade, discriminacións, colectivos desfavorecidos, dereitos dixitais, medio ambiente”. Lémolo en NÓSDIARIO.

8

LUZES DE GALIZA PUBLICA UN INTERESANTE ARTIGO SOBRE as dificultades para volver á vida laboral tras o paso polas institucións das deputadas e concelleiras da esquerda rupturista, que revolucionaron a política galega en 2015.

LUZES DE GALIZA PUBLICA UN INTERESANTE ARTIGO SOBRE