Este ano terá lugar a cuarta edición do programa Da Escola á Granxa, co que a Deputación de Lugo pretende confrontar os prexuízos sobre a vida e o traballo no rural e transmitir ás novas xeracións a súa importancia para a produción de alimentos, a conservación do medio ambiente e do territorio. Nesta edición participarán 45 granxas que apostan pola produción de calidade, maioritariamente ecolóxica, diversificada, familiar e sostible.
A investigadora da USC Mariña Arbor Aldea, xunto con outros profesores e investigadores das universidades galegas, recolleu nunha mesma publicación, por vez primeira, 704 Cantigas de Amor nunha edición crítica dos textos que nos chegaron a través dos principais cancioneiros medievais. A obra Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor, primeira dunha serie que recollerá as cantigas de distintos xéneros poéticos que coñecemos hoxe, acompaña os textos coa súa versión en galego actual. O proxecto pódese consultar en a universocantigas.gal.
O Traballo de Fin de Grao (TFG) de Eva Fernández Prieto (Facultade de Xornalismo da USC) consistiu no deseño dunha revista en liña de cultura galega, proxecto ao que ela mesma segue a dar continuidade nas redes sociais. Trátase de Rebelico, publicación virtual na que se recollen novas, reportaxes e material audiovisual da nosa cultura tradicional. Todo baixo un xornalismo que quere ser respectuoso, veraz e especializado.
O mes de maio levou ao “vello tolo”, Pepe Mujica, o guerrilleiro preso e sometido a tortura que acabou por ser presidente do Uruguai. Deixou un legado rico e valioso tecido coa palabra. Entre outras reflexións, deixou dito que “a vida é fermosa; gástase e marcha. O quid da cuestión de triunfar na vida é comezar de novo cada vez que un cae. E se hai bronca, transformala en esperanza”.
Desde abril está a proxectarse por distintos lugares do país o documental A loita final, sobre a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A peza xurdiu a raíz do informe do Consello da Cultura Galega, no que especialistas de distintos eidos (agro, patrimonio, hidroloxía, edafoloxía, economía, desenvolvemento rural e saúde) alertan sobre as consecuencias da súa instalación. O obxectivo do documental é achegar á cidadanía a información que outros medios non ofrecen, para poder decidir con liberdade.
Os Premios Martín Códax da Música chegan este ano á súa 12ª edición. O certame, apoiado pola Xunta de Galicia, permite a participación do público na elección das candidaturas premiadas, que se agrupan en varias categorías: desde a música infantil ata o rock e o punk, pasando pola electrónica, a canción de autor, a tradicional, o folk, as orquestras, o metal e o heavy, o jazz e outras. A edición deste ano homenaxea ás Leilía, que tanto fixeron por preservar e transmitir a nosa tradición oral.
A Revolta das Mulleres na Igrexa celebra desde a esperanza a ampliación da súa presenza en 29 dióceses desde a súa aparición en 2020. O movemento loita por estar en situación de igualdade nunha Igrexa “máis circular e menos xerárquica, máis laical e menos clerical”. Celebran o nomeamento de León XIV, a quen lle piden o impulso de reformas nos costumes, na doutrina e nas leis da Igrexa ancoradas nunha concepción patriarcal e clerical.
Lingua Vital Xa! é un proceso impulsado por Queremos Galego, que esta plataforma cidadá puxo en marcha para garantir a defensa da lingua diante do que consideran un incumprimento da lei por parte das institucións. Así, e a través das propostas que se fan chegar desde os plenarios comarcais convocados ao longo do país, Lingua Vital Xa! pretende identificar acordos e normas incumpridas, detectar obstáculos que impiden a súa aplicación e, sobre todo, propor accións concretas desde o acordo.
Usamos cookies no noso sitio web para brindarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies. Ver a Política de Cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a exclusión voluntaria dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
As cookies que poden non ser particularmente necesarias para que o sitio web funcione e utilízanse especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e outros contidos integrados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.