Un golpe de Estado remata con trece anos de goberno de Evo Morales.
Queiman bandeiras indíxenas e berran “viva Bolivia libre de indios”
Durante o seu mandato, o analfabetismo baixou do 22,7 % ao 2,3%. Bolivia converteuse nun Estado pluri-nacional, recoñecendo os pobos indíxenas. O proceso de nacionalización do gas natural permitiu poñelo a disposición do pobo boliviano. Neses 13 anos Bolivia incrementou o seu PIB nun 400 %. Nacionalizou o servizo de auga, definíndoo como un dereito humano fundamental. Edificáronse 1 100 escolas, 134 hospitais e 7 191 centros deportivos. Creouse unha nova constitución que outorga dereitos ás mulleres e á poboación traballadora, campesiña, indíxena e de estudantes. Construíronse 12 fábricas de litio, 3 de cemento, 28 fábricas téxtiles e creáronse 12 694 cooperativas. Bolivia pasou de ser o país máis pobre de América a ser o país con máis crecemento.
Os seguidores do líder cívico cruceño Luis Fernando Camacho queiman whipalas (a bandeira das nacionalidades indíxenas de Bolivia), e berran “viva Bolivia libre de indios”.
Camacho usa a biblia e o discurso relixioso para fomentar as mobilizacións, Pastores Pentecostais anuncian que Satanás xa foi expulsado de Bolivia.
“Dios ha vuelto a entrar en palacio”, di a senadora Jeanine Añez cando os militares, lle colocan a banda que a consagra como presidenta. Entraran ao Pazo de Goberno cunha biblia e unha carta na man, sen mandato popular de lexitimidade popular.
O golpe en Bolivia, por riba de afondar no saqueo capitalista, utiliza o nome de Deus en vano. Non esquezamos: o neoliberalismo mata.