Mocidade que está estudando, preparando a PAU… que ledicia, que pracer dá falarlles e axudarlles a preparar en Filosofía a Simone de Beauvoir, a Hannah Arendt, a María Zambrano. E pensar: son indispensables! E recoñecer que ti mesma non tiveches a sorte de coñecelas no teu COU, e que as tiveses que coñecer na filosofía da vida, entre amizades, libros e artigos compartidos.
María Zambrano
Son indispensables!
E cantas faltan, cantas faltades na historia, na narrativa, no conseguido e no que se consegue. Silenciadas, si, mais temos voz para falar, berrar, cantar, contar e sumar.
Hannah Arendt