O noso problema segue sendo a experiencia pascual. Trátase dunha experiencia interior que, ou se ten e entón non hai nada que explicar, ou non se ten e entón non hai xeito de explicala.

É unha experiencia interior que, ou se ten e entón non hai nada que explicar, ou non se ten e entón non hai xeito de explicala.

Esta simple constatación é a clave para afrontar os textos evanxélicos que queren transmitir dita experiencia. Non hai nin palabras nin conceptos para poder meter a realidade vivida, por iso os primeiros cristiáns acudiron aos relatos simbólicos.

O obxecto deses textos non é explicar nin convencer, senón invitar á mesma experiencia que fixo posible a absoluta seguridade de que Xesús estaba vivo. Descubriremos a forza irresistible desa Vida e poderemos intuír a profundidade do cambio operado nos discípulos.

No relato do evanxeo que hoxe lemos todo é moito máis do que parece. Non pretenden dicirnos que pasou nun lugar e momento determinado, senón transmitirnos unha experiencia dunha comunidade que está desexando que outros cristiáns vivan a mesma realidade que eles estaban vivindo.

Meditación-contemplación
Xesús manifestouse deste xeito.
Non hai nada espectacular nesa presenza.
Só o discípulo máis próximo a Xesús o recoñece.
Esta é a clave de todo o relato.
…………………
Se vivo a presenza de Xesús dentro de min,
descubrireino nos acontecementos máis sinxelos da vida.
Se non o descubrín en min,
buscareino en persoas ou feitos espectaculares.
…………………
Se poño amor nas cousas que fago,
estarei facendo presente ao Deus manifestado en Xesús.
A clave non está na realidade, senón na miña actitude ante esa realidade.
Descubrir esa presenza é a tarefa de todo cristián.