Imaxinemos un día de verán.
Son mais longos
e hai posibilidade de realizar máis actividades.

Pola mañá cedo, medito unha media hora,
logo vou dar un paseo pola praia
antes de que o sol non se poida aturar
e a praia se encha de xente
e todo se faga un tanto inaguantable.

De volta doume unha ducha rápida,
e póñome roupa de andar pola casa.

Ordeno un pouco,
preparo unha ensalada
e escribo ou leo un intre.

Mais tarde,
como estou convidada a unha festa de aniversario,
dúchome,
píntome un pouco e póñome aquel vestido vermello
que só uso en ocasións especiais.
Na festa bailo como unha demente
e tomo un par de copas
que me fan estar mais tola que de costume.
Déitome tarde, cansa pero contenta.

ilustración

Que pasou con ese eu?
Cantos hai?
Son cinco persoas?
Non,
seica non é a mesma
en situacións diversas
e por tanto con comportamentos acordes?

Creo que, en ocasións,
os sisudos teólogos
cos seus concilios e as súas teorías sobre Deus
non fan mais que complicar
innecesariamente
a crenza dun Deus que se manifesta segundo sexa necesario.

Non me parece que faga falta
inventar misterios tan misteriosos
para sentir ese amor
e esa paz que está en min,
como pai, nai, irmán,
de forma espiritual,
pero fortemente presente en cada momento.