Tan de actualidade ultimamente, pregunteille a ChatGPT que era isto da Boa Noa de Xesús, e isto foi o que me respondeu: “A Boa Nova de Xesús, tamén coñecida como o Evanxeo, é a mensaxe central do cristianismo. A Boa Nova refírese ás ensinanzas de Xesús e a súa misión de salvar a humanidade do pecado e a morte a través da súa vida, morte e resurrección”. Expuña como a Boa Nova amosaba o amor de Deus pola humanidade, e de que Xesús veu ao mundo para nos anunciar esta Boa Nova e para nos ofrecer a posibilidade da salvación e da vida eterna. Tamén indicaba como era unha promesa de esperanza e unha invitación á vida en comunidade con Deus e cos demais. Indicaba como a ensinanza cristiá ensina (pequena redundancia) que a fe na Boa Nova de Xesús ofrece a oportunidade de experimentar a paz interior, a alegría e a vida eterna despois da morte. Como vedes a resposta era ben ben longa, polo que me quedo co resumo que me deu ao final: “é a mensaxe central do cristianismo que ofrece os seres humanos a posibilidade da salvación e a vida eterna. É unha invitación para vivir de acordo cos valores cristiáns e a atopar a paz interior e a alegría na vida en comunidade con Deus e cos demais”.

Consellos para a vida diaria

E como aplicar isto na nosa vida diaria? Pois a intelixencia artificial tamén me daba unha resposta, advertíndome dos desafíos que isto podería supor para a miña vida, e presentándome seis suxestións que me poderían axudar a iniciarme neste camiño:

  1. Dedicar un tempo diario á oración como xeito de conectar con Deus e pedir o seu guía e axuda para vivir unha vida de acordo con os valores cristiáns.
  2. Ler a Bilia diariamente para, de novo, conectar con Deus e reflexionar como podes aplicar as palabras de Xesús á túa vida.
  3. Practicar os valores cristiáns do amor e da compaixón cara aos demais, tanto en pequenos xestos ou en grandes accións.
  4. Sermos persoas honestas e íntegras, en todas as túas relacións, mesmo cando sexa difícil.
  5. Servir as demais persoas, tal co o fixo Xesús, buscando formas de facer unha diferenza positiva no mundo.
  6. Practicar un valor cristián fundamental: o perdón.Facéndoo na túa vida diaria, tanto perdoando aos demais como pedindo perdón cando sexa necesario.

Nun novo resumo, esta intelixencia artificial remataba por dicir queaplicar os valores cristiáns na vida diaria implica cultivar unha relación con Deus a través da oración e a lectura da Biblia, e buscar maneiras de mostrar amor, compaixón, honestidade, integridade, servizo e perdón en todas as áreas da vida.

Que dicir? Que seguramente se podería dicir todo isto con outras palabras, mais no que nos ofrece ChatGPT e outros trebellos de intelencia artificial non se perciben grandes erros Habería que preguntar os da Doutrina para Fe. Até unha máquina é quen nos compartir, en trazos xerais, o que a Boa Nova de Xesús significa. Non estamos ante un problema de coñecemento ou un tema de comunicación: os principios básicos da Boa Nova de Xesús son de dominio público. A nós darlle corpo, porque unha cousa é saber todo de memoria e outra moi diferente vivilo. É o reto, con intelixencia artificial ou sen ela (porque isto, polo que parece, vai de amor e compaixón).