Xa somos máis de 37 millóns de españois usuarios activos das redes sociais, é dicir, máis de 8 de cada persoas empregamos as redes sociais con regularidade. Ao mellor non te sintes representada. Pois non estás dentro do máis do 85% de persoas con internet que recoñecen que usan activamente Whatsapp ou Youtube, o 79% que anda por Facebook, o 65% en Instagram ou o 52% en Twitter. E aínda están quen usa Linkedin, Pinterest, Tiktok, etc. Os estudos din que o número de usuarios de redes sociais medrou en España un 27% no último ano, posible consecuencia da pandemia e do confinamento.
A sociedade interconectada
O mundo mudou e independentemente do noso uso persoal, ninguén pode negar que as redes sociais xogan un papel esencial nas relacións interpersoais nas nosas sociedades. Ten aspectos positivos, como e experiencia das celebracións dominicais virtuais que comentamos hai un ano a raíz da experiencia dos Tilos, mais non se pode obviar o peso que teñen na actualidade 5 grandes empresas tecnolóxicas (Facebook, Alphabet, Apple, Microsoft e Amazon) que monopolizan e controlan as redes. Unha investigación do Wall Street Journal revelou que Instagram, a rede máis utilizada polos adolescentes, é tóxica para eles e a empresa o sabía e o potenciaba. E para as persas adultas? Pois a compañía seleccionaba e incentivaba a lectura de “contido que enfada, polarizante e divisivo”. Unha empregada de Facebook falaba ante o Senado dos EE.UU. dicindo que como sabían que con este contido a xente permanecía máis tempo conectado, aumentando os seus ingresos en publicidade, Facebook os fomentaba, sendo conscientes que isto erosionaba a nosa confianza, a fe nos demais, fomentando un odio que “pode fragmentar as nosas sociedades e que causa violencia étnica en todo o mundo”.
Nós, as redes e a Boa Nova
As redes non son neutras . As súas consecuencias tampouco: estudos clínicos demostran a súa influencia coa pouca aceptación das peroas, o aumento das taxas de ansiedade, depresións, ciberacoso, falta de soño, etc. Mais, aínda que moitas persoas recoñecen que se sinten mal despois de utilizalas, aínda así non están dispostos a deixalas de lado, o que mostra o seu carácter aditivo. Onde nos situamos? Sentímonos identicadas con algo disto ou asistimos coma espectadoras pasivas? Triunfa neste tempo unha cultura da denuncia, que enche os trending topic. Exponse nas redes a oersoas, xa por comentarios “pouco afortunados”, xa por accións “cuestionables”. Convértense as redes en ámbitos de denuncia, de crítica, de ridiculización. Asistimos a elas ou memo participamos activamentes. Son as redes espazos de non cmopaixón, de xuízo, de crueldade, sen consentimento das persoas que alí partipan. Deixamos unhas preguntas ás que non temos resposta: esta omnipresenza nas redes sociais, apórtache algo? Sénteste mal, aféctache asistir a esas mensaxes de crítica e mesmo de ira? Es de quen publica ou de quen cun pouco de morbo le o que se comparte? Que papel ten a Boa Nova en todo isto?