Hai persoas que transcenden o seu tempo e a súa sociedade. Hai persoas que transcenden, mesmo, a súa relixión. Unha delas é Tareixa, “de Xesús”, quen aportou un novo e persoal método de orar que segue vivo na actualidade. Ela, que tivo o valor de se aventurar por camiños descoñecidos de espiritualidade, afincouse na realidade “de Xesús” para nos propor un estilo de orar, vivo e comprometido. “Orar é tratar de amizade, moitas veces, a solas, con quen sabemos que nos ama”.

E como oraría Tareixa hoxe? Achegamos este texto tan necesario nos momentos que estamos a vivir.

Oración das Nais pola Vida e a Paz

Deus da vida
que curas os quebrantados de corazón e vendas as súas feridas
Que sexa a túa vontade escoitar a oración das nais
Porque non nos creaches para nos matar uns os outros
Nin para vivir con medo, ira ou odio no teu mundo
Senón que nos creaches para que nos demos permiso uns os outros para santificar o teu nome de Vida, o teu nome de Paz neste mundo.
Por estas cousas choro, os meus ollos, os meus ollos énchense de auga.
Polos nosos fillos que choran polas noites
Polos pais que sosteñen a seus fillos con desesperación e escuridade nos seus corazóns
Por unha porta que se pecha, e quen a abrirá antes de que acabe o día?
É coas miñas bágoas e oracións que rezo
É coas bágoas de todas as mulleres que senten profundamente a dor destes días difíciles
Ergo as miñas mans a ti por favor Deus ten piedade de nós
Escoita a nosa voz para que non desesperemos
Que vexamos a vida en cada unha de nós,
Que teñamos piedade unhas das outras,
Que teñamos piedade uns dos outros,
Que teñamos esperanza uns nos outros
E escribiremos as nosas vidas no libro da Vida
Por ti, Deus da Vida
Elixamos a Vida.
Porque ti es a Paz, o teu mundo é a Paz e todo o teu é a Paz,
E así será a túa vontade e digamos Amén.

Fonte: https://espiritualidadintegradoracristiana.es/2023/10/15/como-oraria-teresa-hoy/?amp=1