Deus omnipotente,
que estás presente en todo o universo
e na máis pequena das túas criaturas.
Ti, que rodeas coa túa tenrura todo o que existe,
derrama en nós a forza do teu amor
para que coidemos a vida e a beleza.
Inúndanos de paz, para que vivamos como irmáns e irmás
sen facer dano a ninguén.
Deus dos pobres
axúdanos a rescatar
aos abandonados e esquecidos desta terra
que tanto valen ante os teus ollos.
Sanda as nosas vidas,
para que sexamos protectores do mundo
e non depredadores;
para que sementemos fermosura
e non contaminación e destrución.
Toca os corazóns daqueles que buscan só beneficios
á costa dos pobres e da terra.
Ensínanos a descubrirmos o valor de cada cousa,
a contemplar admirados,
a recoñecer que estamos fondamente unidos
con todas as criaturas
no noso camiño cara a túa luz infinita.
Aléntanos, por favor, na nosa loita
pola xustiza, o amor e maila paz.
(Papa Francisco. Laudato Si)

