Salmo primeiro
Grazas, Nai,
que me deches a luz neste corpo,
saído da túa xenerosidade e do teu ventre,
alentado pola Ruah.
Grazas pola forza que me asiste,
pola enerxía que me fai libre e liberada,
a que estaña feridas.
Grazas por non me teres aforrado
fracasos e decepcións,
que me fixeron máis forte.
Grazas porque es corpo comigo
no círculo de Nosoutras,
sacramento de vida,
celebración e camiño.
Grazas porque o corpo
que recibín da miña nai
fixo posible o corpo
dos meus fillos e filla.
Sacramento son os corpos dos meus fillos,
que son parte do meu,
do mesmo xeito que eu son
o corpo da miña nai agora.
Cara adiante e cara atrás
formo parte dunha xenealoxía
de corpos sagrados
que bendín, que celebran a vida.
Grazas, Xesús, por terme descuberto
a Nosa Nai Todo-amorosa,
unha nai que me sostén desde dentro,
que, a través das miñas mans,
é quen de mellorar o mundo
para facelo un lugar onde more
a xustiza e a sororidade.
Quero seguir sendo creadora de vida,
contigo sanadora…
Quero que o meu mundo coñeza
e note a túa presenza.
A través das miñas mans,
das miñas palabras,
que o teu espírito alente e transforme,
constrúa e vivifique.
Amén.