Volvendo a vista aos Estados Unidos, podemos atopar alí palabras proféticas de esperanza. Porque o discurso que Martín Luther King deu en decembro de 1964, no acto de recollida do Premio Nobel da Paz, mantén toda a actualidade.

“Creo en que a verdade desarmada e o amor incondicional terán a última palabra na realidade. Esta é a razón pola cal o dereito derrotado temporalmente é máis forte que o mal triunfante. Creo que mesmo hoxe, no medio dos disparos e o mortífero son das balas, aínda hai esperanza dun mañá máis brillante.

Creo en que a xustiza ferida, prostrada nas sanguentas rúas das nosas nacións, pode ser elevada deste po de vergoña para reinar de forma suprema entre os fillos dos homes. Teño a audacia de crer que os pobos de todo o mundo poden ter tres comidas ao día para os seus corpos, educación e cultura para as súas mentes, e dignidade, equidade e liberdade para os seus espíritos. Creo que o que os homes centrados en si mesmos derrubaron, os homes centrados no próximo poden reconstruílo. Aínda sigo a crer que un día a humanidade se axeonllará ante os altares de Deus, e será coroada triunfante sobre a guerra e o derramamento de sangue, e a non-violenta boa vontade redentora será o imperio da terra. ‘E o león e o cordeiro xacerán xuntos [Isaías 11:6]; e cada home sentará debaixo da súa vide e da súa figueira, e non haberá quen teña medo’ [ Miqueas 4:4] Aínda creo que imos vencer!”.