Deus veu a nós porque quería unirse a nós no camiño, para escoitar a nosa historia e para nos axudar a nos decatar que non estamos a camiñar en círculos, senón que nos diriximos cara á casa da paz e da alegría. Este é o gran misterio do Nadal que continúa a nos dar consolo e alegría: non estamos sós na nosa viaxe. O Deus de amor que nos deu a vida enviou ao seu único Fillo para estar connosco en todo momento e en todo lugar, para que nunca nos sintamos perdidos nas nosas loitas, senón que sempre poidamos confiar en que el camiña connosco.
O desafío é deixar que Deus sexa quen quere ser. Unha parte de nós aférrase á nosa soidade e non permite que Deus nos toque onde máis estamos a sufrir. A miúdo ocultámoslle precisamente eses lugares de nós mesmos onde nos sentimos culpables, avergoñados, confundidos e perdidos, así que non lle damos a oportunidade de estar connosco onde nos sentimos máis sós.
O Nadal é a renovada invitación a non ter medo e a deixar que el –cuxo amor é máis grande do que os nosos propios corazóns e as nosas propias mentes poden comprender– sexa o noso compañeiro.
Henri J. M. Nouwen, Gracias! Un diario latinoamericano