A axuda mutua entre países termina, en realidade, beneficiando a todos. Un país que progresa desde o seu orixinal substrato cultural é un tesouro para toda a humanidade. Necesitamos desenvolver esta consciencia de que hoxe ou nos salvamos todos ou non se salva ninguén. A pobreza, a decadencia, os sufrimentos dun lugar da terra son un silencioso caldo de cultivo de problemas que finalmente afectarán a todo o planeta. Se nos preocupa a desaparición dalgunhas especies, debería obsesionarnos que en calquera lugar haxa persoas e pobos que non desenvolvan o seu potencial e a súa beleza propia por mor da pobreza ou doutros límites estruturais. Porque iso termina empobrecéndonos a todos.

(Papa Francisco. Fratelli Tutti, 137)