Vivimos nunha sociedade que vive moi rápido, onde todo ten que acontecer xa, o inmediato é o futuro e unha nova procura é o noso presente, sen tempo para pensar no pasado. A miúdo damos volta atrás só para ficar na dor e continuar coa xenreira, mais apenas precisamos a xusta para continuar os nosos camiños e non instalarnos na mágoa que de vagar nos leva a perder as nosas almas.
Algo se move ao noso arredor, chamémolo polo nome que mellor se acerque aos nosos corpos.
Gosto moito de que me conten anacos da orixe da nosa historia. Os celtas, os nosos devanceiros, deixáronnos moitos sinais sobre os espíritos que ligan pola terra e non son quen de ir cara á luz, ese lugar onde hai paz e tranquilidade e abunda a felicidade sinxela.
Ao igual ca na terra da fraternidade compartimos crenzas, as enerxías moven o mundo en todos os sentidos. Na terra, facendo ricos a uns poucos e empobrecendo a moitos; nos outros planos, non hai custo material, pero si mental.
Os castros, os altares, as deusas da fertilidade, da terra, do sol, as guías, os descarnados, o acento, o folclore e centos de cousas que seguro esquezo… Moitas destas, chamémoslles tradicións ou asentamentos involuntarios, calaron a través dos séculos ata chegar ás nosas vidas actuais, seguramente sen sermos conscientes da procedencia das nosas actuacións. Reflexionemos en voz baixa ou mostrémonos altofalantes da historia da Galiza, que vive chea de mesturas de nacións e da que hoxe amosamos a parte mística, espiritual e das almas. Das que xa falaba con moito atino a inigualable Rosalía de Castro nos seus versos de “Lúa descolorida”:
Mais non lle contes nada,
descolorida lúa,
pois nin neste nin noutros
mundos teréi fertuna.
Se sabes onde a morte
ten a morada escura,
dille que corpo e alma xuntamente
me leve adonde non recorden nunca,
nin no mundo en que estóu nin nas alturas.
Jessica Souto Loira