Estamos nun módulo de máximo respecto, onde temos unha boa convivencia grazas a unhas normas que esixen un estrito cumprimento, pero desexo subliñar que son normas de convivencia normal, como as existentes na vida, na rúa.

Trátase dun módulo con obradoiros ocupacionais, nos que a xente está a ocupar o seu tempo de forma que se fomenta a formación, tanto en oficios como a nivel académico. De feito, hai un club de debate, un club de lectura, alfabetización, matemáticas, física e química, videofórum, unha ciberaula e membros da revista Vis a Vis, que se realiza no interior do centro penitenciario.

O certo é que todo iso contribúe a ofrecer unha educación e formación claras, para que se poida facer unha reflexión profunda sobre a situación na que nos atopamos e que rompe totalmente co estereotipo que se asocia mentalmente á vida nun centro penitenciario, de tal xeito que é certo que estamos privados de liberdade, pero o resto dos nosos dereitos están plenamente vixentes e plenamente garantidos.

A verdade é que a desgraza pode debilitar a confianza, pero non debe romper a nosa convicción.

Aquí ensínannos que non debemos cometer a mesma equivocación dúas veces e non entrar na repetición do desastre e o sen sentido, e que o noso comportamento debe xirar en torno a facer o ben, e sempre dentro da lei.

J.V. Recluso do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña)
09 de setembro de 2023

O QUE ESTÁ CLARO É QUE HAI UN PASADO
QUE SE FOI PARA SEMPRE,
PERO HAI UN FUTURO QUE AÍNDA É NOSO.
SEN DÚBIDA, A VIDA É UN PROCESO DE APRENDIZAXE INFINITO.