Que fermoso, bon e san é vernos unha vez ao ano. Abofé.
E xa ben chegando outra vez setembro para xuntarnos na Romaxe. O día pintou ben, soleado e tranquilo. Protexidos do sol e ben aireados e diante do palco todos xuntados. Con cadeiras suficientes.
Penso que con máis irimegos que en Arzúa, pero non tanto como o meu primeiro encontro no Faro, do que quedei asombrado. O seu lema foi “Ergo os meus ollos”. No recibimento anunciaban dous autocares de Ferrol, catro de Aguiño e máis de toda Galicia, e acudiron tamén moitos turismos.
Para min foron tamén moi importantes, entre outros, os encontros da Lama, Cadeiras e Outeiro de Rei.
Dende Culleredo, un agarimoso saúdo e lembranzas para todos os que aquí nos xuntamos e tamén para os que non viñeron. Ata outra!
Pepe de Betanzos