Es vivo exemplo de Igrexa galega,
a que tiña que ser, e non o é.
Na Lingua algúns prestan a súa achega…,
mais cómpre seguir tendo moita fe.

Nós somos un país de medias tintas,
de “Deus é bo e o Demo non é malo”.
Se o Demo é Demo, non é bo, non mintas:
temos que conseguir o desterralo.

Destérrase con limpa executoria,
coma a túa, valente, meu amigo,
non sendo nunca escravo da vangloria

e coa autenticidade cal testigo.
Por limpa e clara a túa traxectoria,
tentei aquí cantarte, meu amigo.

Os Tilos, 27/setembro/2017
Xoán Xosé Fernández Abella