Pódese vivir como un pensa, mesmo sendo presidente da República do Uruguai. A xente, por contundentes razóns, está farta da mala política. Pero Pepe Mujica mantiña que “a política non é un pasatempo, nin unha profesión para vivir dela, senón unha paixón co soño de intentar construír un futuro social mellor”… “a política realmente é a loita pola felicidade de todos”. Era un líder distinto.

pobres non son os que teñen pouco. Son os que queren moito

Pódese escoller a sinxeleza, a sobriedade, a felicidade e a fermosura do pequeno, a pesar de ter oportunidade de gramar o botón do ascensor social e económico e facer como a maioría. Mujica sabía vivilo e explicalo: “Non son pobre, eu son livián de equipaxe, vivo co xusto para que as cousas non me rouben a liberdade”. Porque, remachaba: “pobres non son os que teñen pouco. Son os que queren moito. Por iso eu non vivo con pobreza”.

Pódese presidir unha república, desde un “ranchito” para non perder a lucidez da análise sobre o malestar dunha civilización de consumo que nos consume a nós e ao planeta. Por iso Mujica adoitaba lembrar os síntomas: “Debemos gobernar a nosa civilización e non rexernos polo mercado”. E subliñaba: “enfrontamos o sedentarismo con máquinas para camiñar, o insomnio cos pastillas para durmir e a soidade con aparatos electrónicos” …. “só se pensa en comprar e traballar, traballar e comprar e, mentres, a vida que é o máis prezado, váisenos….”

Pódese gobernar sen corromperse, ese mal que desarma as utopías -singularmente cando o protagoniza a esquerda política- e atrae coma un imán a anti-política e fascismo. Pero hai que estar convencido de certas cousas básicas, como que “os políticos temos que vivir como vive a maioría da poboación e non como vive a minoría” porque “o poder non cambia as persoas, só revela quen son verdadeiramente no seu interior”.

Pepe Mujica, sempre estarás no noso corazón e nos nosos pensamentos.