A revista ALANDAR de información social e relixiosa, que xa ten unha vida longa (desde 1983), concede cada ano o Premio Alandar a un colectivo que realice unha acción relevante e transformadora, na construcción dun mundo máis xusto e igualitario.

Este ano foi a “REVOLTA DAS MULLERES NA IGREXA” o colectivo premiado.

A Revolta seguirá “ATA QUE A IGUALDADE SEXA CONSTUME“.

Considera Alandar que a Revolta é un dos movementos eclesiais máis importantes dos últimos anos en España, creando espazos de coordinación e acción conxunta con movementos similares de Europa e América Latina, aunando vontades e carismas de grupos de crentes diversos, para reivindicar o papel que deben xogar e o espazo que deben ocupar as mulleres dentro da Igrexa, superando concepcións patriarcais e clericalistas. É un movemento profético que apunta a posibilidade dunha Igrexa menos xerarquizada e máis Pobo de Deus. Así consta na acta de concesión do premio.

AS MULLERES CRISTIÁS GALEGAS, EXERIA, implicadas desde o seu comenzo na Revolta das mulleres na Igrexa, tivo presencia no acto de entrega do premio, celebrado no Colexio Maior Chaminade, en Madrid, o día 18 de novembro. Foi un acto solemne, emocionante e fermoso nun salón de actos adornado polas mulleres de Madrid, con carteis mostrando os rostros de mulleres de todos os tempos, loitadoras e tantas veces silenciadas. Facelas presentes foi unha maneira de homenaxealas.

Houbo representación de Galicia, de Zaragoza, de Sevilla, virtual de Cataluña e de Madrid. Recolleron o premio e cada unha agradeceu a Alandar este recoñecemento, pola visibilidade que nos dá e pola enerxía que nos transmite para seguir traballando. É un premio moi merecido porque esta loita “vén de lonxe” e pouco a pouco vai dando os seus froitos. Seguiremos saíndo ás prazas, ao pé das catedrais ou das igrexas porque cremos que nós, as mulleres, podemos e queremos aportar moito máis ca a nosa presenza muda e que somos moi necesarias para que a nosa Igrexa recobre o seu sentido inicial. Unha Igrexa Pobo de Deus, onde se escoiten as voces das mulleres e se valoren, sen exclusións, en igualdade, como Xesús quería.