Nós, mulleres de todo el mundo, conscientes de que as ameazas dirixidas contras as afgás polo simple feito de seren mulleres suman unha crueldade intolerable á que padecen os afgáns de calquera condición, facemos este chamamento á comunidade internacional para que:
- Esixa que o poder talibán manteña abertas as fronteiras.
- Respecte os deberes de solidariedade e compaixón humana na repatriación de estranxeiros, admitindo o maior número posible de afgáns, e especialmente afgás, en perigo inminente.
- Préstelle unha atención preferente ás mulleres en especial situación de risco, sexa polo desenvolvemento de profesións prohibidas polos talibáns, asistido a escolas e universidades, conducindo a súa vida á marxe dunha moral fanática.
- O compromiso simétrico de acoller os refuxiados e refuxiadas de Afganistán, aliviando a presión dun éxodo masivo nos países limítrofes.