O pasado 3 de febreiro, domingo anterior ao 8M, a Revolta das Mulleres na Igrexa saímos ás rúas en 26 cidades de todo o Estado. O éxito da convocatoria fíxose eco en varios medios de comunicación, tanto de prensa escrita (EuropaPress, Faro de Vigo, Salamanca AL DÍA, Diario de Burgos, Vida Nueva), como de televisión e radio (RTVE, Telecinco, La Sexta, Canal Sur, Cadena Ser etc.) que recolleron a nova incluso facendo reportaxes do movemento.

Revolta das Mulleres na Igrexa en Vigo
Foto: Rodrigo Varela

A diversidade e a creatividade son sinais identificativos deste movemento. Cada revolta é singular e ten o seu potencial propio ao seu modo. Por iso, desta volta en Irimia en Lila queremos recoller algunhas testemuñas desas 26 cidades e experiencias.

A diversidade e a creatividade son sinais identificativos

En Santiago de Compostela a Revolta de Mulleres na Igrexa ten nome de muller: Engracia Vidal Estévez, profecía de fe e galeguidade, tecedora de redes. A ela foi dedicado este día. Choveunos e tivemos que resgardarnos nos soportais da Praza da Quintana… despois parou e percorremos a praza cantando.

En Santander a celebración en tivo lugar na parroquia de San Pío X, igual que en Pamplona, onde se puxo moi mal o tempo e tivemos que entrar dentro da igrexa dos Escolapios, onde fixemos un xesto sinxelo no altar. En Badaxoz estivo presente o chanceler do bispado e varios sacerdotes.

Tanto en Oviedo como en Vigo respectounos a chuvia o suficiente para facer o acto público. Feministas católicas reclamamos igualdade fronte á catedral, na capital Asturiana, e fronte á parroquia do Cristo da Vitoria, na cidade olívica. Foi moi chulo e prestounos.

En Vitoria partimos da igrexa que vivimos hoxe, piramidal, cuns poucos varóns e ordenados na cúspide, e o resto da comunidade (distinto xénero, carismas, vocacións) abaixo, “pechadas” á participación plena, a construíndo unha Igrexa en corresponsabilidade… e dicimos basta! E lendo o manifesto fomos abrindo os paraugas pechados, e baixando os paraugas negros da cúspide para ir construíndo unha Igrexa circular cuxo centro sexa Xesús de Nazaret e a súa Boa Nova. Comunidade de iguais, corresponsable, diversa, coidadora, inclusiva… Ata que a igualdade sexa costume na Igrexa!

Revolta das Mulleres na Igrexa en Santiago
Foto: Daniel Rivas
En Ciutadella de Menorca tivemos concentración na praza da catedral onde demos comezo ao acto para despois camiñar cantando na manifestación ata o convento de Santa Clara. Lectura do manifesto, seguido do xesto do partir, repartir e compartir o pan para unha igrexa de iguais, unha igrexa circular, corresponsable, de todos e todas. Cantos e unha danza contemplativa como final. Contentas da participación e da resposta da xente que nos acompaña e anima a seguir adiante.

Como anécdota contarvos que en Alacante saíu unha rapaza dicirnos que estabamos a molestar. Como non lle fixemos caso foi buscar a un home que se puxo a dar voces (literal) intentando amedrentarnos. A policía interveu, e, con moita paciencia, conseguiron que calara.

Entramos na catedral de Logroño despois da concentración á Eucaristía ás 13.00 h cos nosos panos morados da “Revolta. A presidenta dunha confraría non nos deixaba entrar e saíu o párroco para amoestala e darnos vía libre para poder entrar.

Madrid. Nosoutras, coas mulleres vítimas de abusos, fixemos sangrar as obras de Rupnik… manchando as más con pintura vermella ensinándollas á xente. Despois as mulleres vítimas con axuda doutras foron pouco a pouco quitando a capa negra, como símbolo de sandar o seu sufrimento… e todo estalou en alegría con globos morados. O noso lema foi “Memoria e esperanza”.

Granada. Impresionante. Estivemos sobre 150 mulleres. Quedamos moi contentas pola gran “movida”, isto xa non o para ninguén. Xenial, que forza grande poder dicir que xa somos 26 cidades e seremos aínda máis!

Como puidestes ler, a acollida na sociedade foi boa en liñas xerais, e, respecto á “xerarquía eclesiástica”, houbo ambos os extremos. Dende revoltas que poden dicir “xogamos na casa, anque sempre con moito ollo”, e outras que por pouco as botan fóra. Nós queremos quedar con retallos de comentarios recuperados das redes:

Dou grazas á Ruah que está suscitando este imparable movemento de igualdade e xustiza das mulleres na súa Igrexa. Como di hoxe Xoán “e facendo un feixe de cordas, botounos do templo”, botou a mentalidade e as praxes do patriarcado; nosoutras somos parte desa corda violeta. Graciñas por alongar a vosa/nosa presenza nas rúas! Grazas por todo o entusiasmo e ilusión que temos entre todas no noso camiñar! Que alegría ver tanta forza e tanta creatividade reivindicativa! Abrazos sororais.

Galería de imaxes

Revolta das Mulleres na Igrexa en Alacante
Revolta das Mulleres na Igrexa en Badaxoz
Revolta das Mulleres na Igrexa en Barcelona
Revolta das Mulleres na Igrexa en Bilbao
Revolta das Mulleres na Igrexa en Burgos
Revolta das Mulleres na Igrexa en Cidade Real
Revolta das Mulleres na Igrexa en Donostia
Revolta das Mulleres na Igrexa en Elxe
Revolta das Mulleres na Igrexa en Gran Canaria
Revolta das Mulleres na Igrexa en Granada
Revolta das Mulleres na Igrexa en Logroño
Revolta das Mulleres na Igrexa en Madrid
Revolta das Mulleres na Igrexa en Málaga
Revolta das Mulleres na Igrexa en Menorca
Revolta das Mulleres na Igrexa en Oviedo
Revolta das Mulleres na Igrexa en Pamplona
Revolta das Mulleres na Igrexa en Salamanca
Revolta das Mulleres na Igrexa en Santander
Revolta das Mulleres na Igrexa en Santiago de Compostela
Revolta das Mulleres na Igrexa en Sevilla
Revolta das Mulleres na Igrexa en Valencia
Revolta das Mulleres na Igrexa en Vigo
Revolta das Mulleres na Igrexa en Vitoria - Gazteiz
Revolta das Mulleres na Igrexa en Zaragoza