A escritora Marisa Castro
A novela funciona tamén como crónica social dunha Galicia en tránsito
A novela funciona tamén como crónica social dunha Galicia en tránsito, desde as cartillas de racionamento ata a chegada da democracia. Sabela, estudando contra vento e marea, rebélase contra o que parecía inevitable: logra independencia, traballo e a liberdade de amar a quen quixo. E iso, máis que unha historia individual, é un retrato das moitas mulleres que abriron camiño sen saber que estaban facendo historia.
É significativo que todo isto o escriba a lucense Marisa Castro, unha muller que vén da ciencia —bióloga, investigadora, docente universitaria durante varias décadas— e que coñece ben o que significa rachar moldes nun mundo tradicionalmente masculino. Tras unha carreira dedicada á micoloxía e á divulgación científica, sorprendeu cun debut literario brillante. Agora confirma que non foi casualidade.
Soño de liberdade, de Hércules de Ediciones, é, en definitiva, unha novela que se le con gusto e que deixa pouso. Un libro que reivindica as mulleres que, coma Sabela, soñaron —e traballaron— para vivir doutra maneira.