
© Fotos– Plataforma por unha Ulloa Viva
Arzúa, epicentro da mobilización —coincidindo coa feira do queixo—, acolleu voces como a da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que denunciou “a traizón do PP á xente do país” e asegurou que “Galicia vai parar esta atrocidade”.
As mobilizacións tomaron as prazas de Melide, Arzúa, Santiso, Agolada, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Chantada, Padrón e A Estrada,entre outras.
A plataforma Ulloa Viva advertiu: “Este proxecto poderá ter licenza administrativa, pero nunca terá o respaldo da sociedade”. A resistencia popular, transversal e crecente, prepara xa novas demostracións de forza.
Porque Galicia non cala. Galicia deféndese.



