Agora que empezou a presidencia española da UE, a famosa frase deeply concerned – profundamente preocupados- que traducido quere dicir facer unha declaración e desentenderse do asunto, vai ser só un eco da Historia. Líderes e lideresas de toda a UE van facer viaxes sorpresa para entrevistarse co Presidente da Autoridade Nacional Palestina e denunciar a invasión e os masacres perpretados por Israel. Os parlamentos europeos cederan espazos solemnes nos seus plenos para que Mahmud Abás pronuncie o seu alegato en contra da violación dos dereitos humanos no seu país. Os gobernos destinaran fondos para a axuda militar que fagan posible que fagan posible a defensa da poboación palestina. Polonia apuntarase voluntaria de primeira para a acollida de perosas refuxiadas. Palestina ingresará en Eurovisión e gañará o festival entre os aplausos e a solidariedade de todos os demais participantes. Os EUA e a OTAN adestrarán persoal militar e debaterán o envío de armamento de última xeración. Atentos.