Desde hai un par de anos, moita da xente que tiña incorporado no seu menú cultural a asistencia periódica a unha sala de cine deixou de facelo. As salas están en crise porque nos é mais cómodo iniciar a sesión nunha plataforma desde o noso sofá. Porén, estamos ante espectáculos distintos e o visionado dunha película na sala escura dun cine é algo inigualable desde os Lumière. Non ha ser este fachineiro que recomende ir deixarlle os nosos cartos a Cinesa, pero aínda quedan salas independentes, coma o Númax de Santiago, que apostan polo cine de calidade en versión orixinal. Ademais, o outono é tempo de estreas no festival compostelán Cineuropa que desde o día 4 deste mes vai ir desgraendo os mellores filmes da tempada (e só algúns deles van chegar ata as salas comerciais durante o próximo ano). Xa que logo, non hai mellor ocasión para volver a gozar do bo cine, dos coloquios con directoras e directores, películas sorpresa e maratón. Quen queira achegarse ten que facelo antes do 20. Non apto para mainstreamers e fans de Marvel.