13 de setembro de 2025
Como chegar a Guitiriz
Desde Santiago de Compostela: pódese ir pola N-634 (coñecida como a estrada de Teixeiro) até desembocar na A-6, coller dirección Lugo e baixarse na saída a Guitiriz. Tamén se pode ir pola AP-9 (con peaxe) até desembocar na A-6, en dirección Lugo, saída en Guitiriz.
Desde Guitiriz a Bascuas (lugar da Romaxe)
Desde o centro de Guitiriz, tomade a “antiga” N-VI en dirección Lugo.
A 5,4 quilómetros, na rotonda, déixase a N-VI e cóllese á esquerda, cara ao norte (sentido Xermade, Momán) pola estrada LU-170.
A pouco máis de 5 quilómetros, déixase a LU-170 e cóllese á dereita no cruce-rotonda. Hai indicacións cara a Bascuas, que está a 1 quilómetro dese cruce.
Para quen veña en autobús: a organización da Romaxe agradece que sexan microbuses (son camiños rurais tan estreitos como fermosos). Se tedes calquera dúbida, podedes escribir un correo a irimia@irimia.gal.
Horario
Conselliños para gozar da Romaxe en Bascuas
Prevese un setembro caloroso (despois… a saber), así que recomendamos traer crema de sol, parasol —ou un bo sombreiro— e boa hidratación.
Como todos os anos, hai cousas que faremos entre todas e todos: haberá equipo de decoración, equipo de preparación da mesa da celebración, equipo de mesa de vendas e equipo de recollida. Se podedes e queredes axudar nalgún deles e sentirvos parte, contactádenos no 689 858 197 ou no correo electrónico irimia@irimia.gal.