A IOAC-HOAC de Galicia vén de elaborar un folleto e un vídeo, nos que se recolle a presenza da Igrexa nas mobilizacións obreiras do ano 1972 en Ferrol e Vigo. Este ano celebramos o 50 aniversario dunhas protestas que buscaban conquerir condicións de vida e de traballo máis xustas, humanas e dignas.
Tanto o folleto como o vídeo, teñen como obxectivo facer memoria crente e agradecida
Nestes dous documentos recóllense as experiencias en primeira persoa de traballadores e traballadoras cristiáns que participaron activamente nas ditas mobilizacións obreiras: Rafael Pillado, Rosa Cal, Teresa Vilariño, Pilar García, Juan Manuel Martínez…
Tamén a testemuña directa de cregos obreiros, monxas implicadas e comprometidas nos barrios obreiros como Xaquín Campo Freire, Anxo Ferreiro e Bieito Santos, entre outros.
Queda recollida a través das súas cartas pastorais, a participación dos bispos de Mondoñedo-Ferrol, Jacinto Argallo e Miguel Anxo Araúxo e o bispo de Tui-Vigo, Delicado Baeza.
Tanto o folleto como o vídeo, teñen como obxectivo facer memoria crente e agradecida de todas esas persoas do movemento obreiro, mortas, represaliadas e torturadas nas cadeas de Ferrol e Vigo.
Entendemos que a mellor homenaxe que lles podemos facer é difundir entre as novas xeracións que os valores de unidade e solidariedade que impulsaron esas loitas (a liberdade, a xustiza, o apoio mutuo etc.) seguen a ser impulsores da transformación social e do mundo obreiro e do traballo.
Podedes atopar o video pinchando en:
https://www.youtube.com/watch?v=EF47kz7kD7Q&t=28s
Podedes atopar o caderniño en formato pdf en:
https://hoac.es/ediciones/libro.php?idlibros=2057