ESPAZO DE ENCONTRO DE CRENTES GALEG@S

Intentando dar continuidade ao traballado en decembro (“As cousas que dan sentido ás nosas vidas”), Crentes Galeg@s convoca un novo encontro para o sábado 6 de abril co tema “A causa das persoas empobrecidas” coa presenza de Miguel Fernández Blanco do Foro Galego de Inmigración.

DATA: sábado 6 de abril.
LUGAR: Antigo Colexio Ramón Cabanillas (no Castiñeiriño, en Santiago, enfronte ao CSC Agustín Bueno)

HORARIO:
10:30-11:00:
Acollida e presentación do día.
11:00-11:45:
“A causa das persoas empobrecidas” (Miguel Fernández Blanco do Foro Galego de Inmigración)
11:45-12:30:
Debate/Coloquio
12:30-13:00:
Descanso
13:00-13:30:
Conclusións e manifesto
13:30-14:00:
Oración/Celebración
14:00:
Xantar compartido e sobremesa

Coma sempre, é un espazo aberto para toda aquela persoa ou colectivo que queira participar. Animádevos!

© Foto: adiante.gal

Cartel As desigualdades: desafíos e propostas

‘As desigualdades: desafíos e propostas’

A asociación Redes Cristianas organiza, do 17 ao 19 de maio, en Madrid unha xornadas baixo o lema “As desigualdades: desafíos e propostas”.

Redes Cristianas aborda este encontro desde unha espiritualidade liberadora que abarca as principais dimensións (económicas, laborais, políticas, étnicas, culturais, relixiosas, éticas, sexuais, ecolóxicas etc.)/ etc.) que discriminan e humillan ao ser humano; e desde unhas actitudes que militan xustamente por todo o contrario, é dicir, a igualdade e a xustiza, bases da dignidade humana.

Toda a información sobre o programa e as inscricións está na web de Redes Cristianas (www.redescristianas.net).

Cartel documental La Singla

Documental ‘La Singla’ no Auditorio de Vigo

O próximo 4 de abril, o grupo local de socias e socias de Galiza Sur en colaboración con Fiare Banca Etica , proxectará o documental de ‘La Singla’ no Auditorio Municipal de Vigo (Praza do rei, 1, Vigo) ás 19:00h. La Singla é un documental dirixido por Paloma Zapata e producido por “La Fabrica Naranja”; organización que recibiu financiación de Fiare Banca Etica.

Inscrición: https://forms.gle/CBnyhrfutSC64FYV9