Este verán celebrouse un acto de homenaxe á figura de Arximiro Rico Trabada, mestre senlleiro do concello de Baleira, en Lugo. Xuntouse boa parte da academia, a sociedade civil organizada, os representantes políticos e a xente do común da bisbarra. A xornada comezou pola mañanciña, diante da escola do Loureiro. Pola tarde, as conferencias continuaron na Pousada do Boieiro, en Esgrade.

Celebración do mestre Arximiro Rico
© Foto: Manuel
A escola de Arximiro é hoxe unha sombra do seu esplendoroso pasado; deixou de ser o espazo de encontro e de saber que Arximiro quixo que fose. O esquecemento e a falta de conciencia histórica condenan á ruína non só as paredes, senón tamén o seu vizoso proxecto pedagóxico: unha escola na natureza, inclusiva, integral, moderna, galega. Os docentes galegos sabemos que recuperar, reconstruír, rehabilitar son verbos que preludian o futuro e que están cargados de vigor e esperanza.
Foto asistentes celebración do mestre Arximiro Rico
© Foto: Manuel
Por iso, pedimos que o concello de Baleira, como propietario da escola, asegure a continuidade do edificio, con vistas a convertelo nun lugar de uso comunitario.

ARXIMIRO VIVE!