Este ano non houbo Foro Encrucillada, pero vai Coloquios na Encrucillada. O Tema é
Ler a Biblia Hoxe
Teremos encontros virtuais, abertos e de balde, coas persoas que escribiron o último número da Revista. A saber:
Marta García Fernández, profesora na U. Pontificia Comillas, coa que falaremos de
Ler a Biblia: esbozando claves de lectura
Carmen Bernabé Ubieta, profesora na U. de Deusto, coa que falaremos de
Como debemos ler hoxe o Novo Testamento?
Andrés Torres Queiruga, profesor emérito da U. de Santiago de Compostela, co que falaremos de
Fundamentalismo encriptado: A Biblia. Do literalismo á maiéutica histórica.
Todos os textos están publicados no nº 220 da revista Encrucillada (nov-dec 2020). Pódela solicitar a revistaencrucillada@gmail.com
As conexións serán no zoom de Encrucillada, ás 20h, os venres 12, 19 e 26 de febreiro e de balde.
Para abrir boca, os tres relatores fixeron senllos vídeos convidándovos e motivando a lectura dos seus textos. Téndelos na canle de Youtube Revista Encrucillada.
Subscríbete á nosa canle!!
Animámoste tamén a que compartas esta información coas persoas que crean lles poda interesar. Esperámosvos!!