O Espazo de Encontro de Crentes Galeg@s celebrará o seu encontro anual o sábado 26 de abril baixo o lema “A vida ameazada: consecuencias para o futuro”, unha xornada que busca reflexionar sobre os desafíos ambientais actuais e as súas implicacións sociais, espirituais e ecolóxicas.
O evento desenvolverase no antigo colexio Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela (rúa do Castiñeiriño, 21, ao carón da igrexa), cun horario que comezará a partir das 10:30 horas.
Desde o Espazo de Encontro de Crentes Galeg@s lembran que este encontro pretende ser un espazo aberto á participación, ao diálogo e á construción dunha espiritualidade comprometida coa xustiza ecolóxica e social.