“A vida ameazada: consecuencias para o futuro”

O encontro deste ano terá lugar o sábado 26 de abril e escollemos como tema o coidado da vida do planeta (e das persoas) baixo o lema “A vida ameazada: consecuencias para o futuro”. Para axudarnos a afondar no tema, estará connosco Adela Figueroa (bióloga, escritora, activista e gran coñecedora desta realidade).

DATA: Sábado 26 de abril
LUGAR: Antigo Colexio Ramón Cabanillas en Santiago (Rúa do Castiñeiriño, 21, ao lado da igrexa)
HORARIO:
10:30 – 11:00:
Acollida e benvida
11:00 – 12:15:
Exposición do tema por Adela Figueroa (“Curra”)
12:15 – 12:45:
Descanso, pausa, café…
12:45 – 14:00:
Coloquio e debate entre as persoas asistentes
14:00 – 14:30:
Celebración
14:30 – 17:00:
Xantar compartido
Coma sempre é un espazo aberto ao que estades tod@s convidad@s!

© Foto: Nós Diario. Adela Figueroa