“VIVIR E MEDRAR EN GALEGO”
Mosteiro de Bergondo – 2 de febreiro
Despois duns anos de ausencia a Festa do Lume volve ao Mosteiro de Bergondo. Será o día 2 de febreiro, co esquema habitual: asemblea xeral, mesa de debate e experiencias, xantar compartido e celebración da Candeloria.
O tema escollido este ano ten que ver coa educación e coa lingua: vivir e medrar en galego. Quíxose poñer o foco sobre este asunto por consideralo de transcendental importancia nun momento no que, especialmente nalgúns territorios, resulta moi difícil atopar para os nenos e nenas referencias na nosa lingua fóra do nucleo familiar. A festa ábrese como unha oportunidade para coñecer e vincular persoas e experiencias que están loitando por crear espazos nos que se pode vivir e medrar en galego con naturalidade. Os que nos acheguemos teremos a oportunidade de coñecer algunhas desas realidades que fan país, que crean ámbitos de cultura e lecer, medrando en galego, e que nos identifican como tribo, dentro do universo global.
O programa do día é o seguinte:
Vémonos o 2 en Bergondo!