“Humanidade sen fronteiras”
Coma todos os anos, coincidindo coa Candeloria, Irimia celebra a Festa do lume. Este ano terá lugar no Mosteiro de Bergondo o día 8 de febreiro e o esquema será o habitual: asemblea xeral, mesa de debate e experiencias, xantar compartido e celebración da Candeloria. Este ano a mesa terá por título Humanidade sen fronteiras e será unha boa ocasión para coñecer algunhas realidades que fan país, que crean espazos de solidariedade e acollida desde Galiza cara ao mundo da inmigración e que nos identifican como tribo, dentro do universo global.
O programa do día é o seguinte: