Fe e rebeldía: A memoria Moncho Valcarce

Mosteiro de Bergondo
5 de febreiro

Este 2022 retomamos a Festa do Lume no mosteiro de Bergondo, e facémolo -co permiso deste interminable virus- en conexión coa romaxe deste ano, que se celebrará en Culleredo. A Romaxe quere facer unha homenaxe á persoa excepcional de Moncho Valcarce, popularmente coñecido daquela como o crego das Encrobas. Moncho encarnou unha maneira de ser crente e crego desde a resistencia ao abuso, a carón dos que o gran capital consideraba uns “ninguéns”.

A data prevista para a Festa do Lume é a habitual: o primeiro sábado de febreiro, o día 5. Despois da Asemblea da Asociación, poderemos participar na xuntanza con mesa redonda de persoas que foron próximas de Moncho. A seguir -sempre cos condicionantes e as limitacións sanitarias que daquela existan- teremos o xantar compartido e a nosa celebración da Candeloria.

Ao longo da xornada faremos sitio para a presentación dos libros de recente publicación: Na soleira do Deus da vida, de Manolo Regal, Cuando Dios habla no solo en masculino, de Carme Soto, e Oda a Xesús Cristo, de Xosé A. Miguélez.

Festa do lume 2022

O programa do día é como segue:

10.00 h
Acollida e café quentiño
10.30 h
Asemblea
12.15 h
Mesa redonda: Fe e rebeldía.
A memoria Moncho Valcarce
(os/as relatores están por determinar)
14.15 h
Xantar e sobremesa
16.00 h
Celebración da candeloria