O vindeiro sábado, 8 de febreiro de 2025, o Mosteiro de Bergondo acollerá a tradicional Festa do Lume. Será un encontro de reflexión e celebración comunitaria, que manterá vivo o espírito de compartir e construír en conxunto.

Anímate a partillar ideas e a fortalecer os lazos coa comunidade. Estades todas e todos convidados a participar!

Programa da xornada:

10:00 –
Acollida
10:30 –
Celebración da Candeloria
11:00 –
“A Revista Irimia: Balance e perspectivas. Parte I”
12:00 –
Descanso para o café
12:30 –
“A Revista Irimia a debate: Balance e perspectivas. Parte II”
14:00 –
Xantar

A asemblea de socias (para aprobación de contas, cambios na directiva, etc.) aprázase para antes do verán. O lugar e a data serán comunicados na revista.

Localización do Mosteiro

Parroquia: Bergondo (San Salvador)
Lugar: Bergondiño
15165 Bergondo – A Coruña
Coordenadas: 43º 19’ 21.0” N – 8º 14’ 27.9” W