Co antecedente da 1ª Marcha Mundial 2009-2010, que durante 93 días percorreu 97 países e 5 continentes, baseándose na experiencia e con suficientes indicadores de que se pode obter participación, e aínda unha maior colaboración, estase a traballar na proposta de realizar esta 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia: partindo de Madrid, o 2 de outubro, Día Internacional da Non-violencia, e finalizando tamén en Madrid, o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Obxectivos: Denunciar a perigosa situación mundial con conflitos crecentes, o aumento dos gastos en armamentos, á vez que en vastas zonas do planeta moitas poboacións vense postergadas por falta de alimentos e auga.
Estase a traballar na proposta de realizar unha 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia
Para seguir creando conciencia de que é unicamente a través da paz e a non-violencia como a especie humana abrirá o seu futuro.
Para visualizar as diferentes e moi variadas accións positivas que persoas, colectivos e pobos están a desenvolver en numerosos lugares na dirección de aplicar os dereitos humanos, a non-discriminación, a colaboración, a convivencia pacífica e a non-agresión.
Para dar voz ás novas xeracións que queren tomar a substitución e deixar pegada, instalando a cultura da non-violencia no imaxinario colectivo, na educación, na política, na sociedade…, do mesmo xeito que en poucos anos se foi instalando a conciencia ecolóxica.
Pídese: A prohibición das armas nucleares. Desarme proporcional cara á renuncia dos Estados a utilizar a guerra para resolver conflitos ou apropiarse de recursos.
A re-fundación das Nacións Unidas, incluíndo o Consello de Seguridade, un consello de seguridade medioambiental e un consello de seguridade socioeconómica.
A creación de condicións para un planeta integralmente sostible, que teña en conta que é un espazo limitado que decididamente debemos coidar.
A integración das rexións e zonas cuns sistemas socioeconómicos que garantan benestar e recursos para todas/os, co obxectivo de que nos próximos 10 anos desapareza a fame no mundo.
A non discriminación de ningún tipo: sexo, idade, raza, relixión, economía, etc.
A Non-violencia como nova cultura e a Non-violencia activa como metodoloxía de acción.