- As dificultades humanas e económicas para manter o ritmo dunha revista mensual.
- O propio sentido que teñen as publicacións impresas nun tempo no que a información e a opinión sobre o noticiable xa se consume maioritariamente a través de medios dixitais. O papel aínda ten un sentido, mais este encóntrase máis na lectura pausada de textos con certa profundidade, do que na lectura lixeira que promove a internet.
A revista sairá mais espazada no tempo, pero tamén aumentará o seu número de páxinas. É un cambio de cantidade por calidade e a proposta é manter o prezo actual das subscricións.
Está previsto que o número de primavera chegue aos vosos domicilios por correo ordinario en marzo de 2026.
Importante:
Se, como persoa subscritora de Irimia, lle queres dar unha oportunidade a esta nova etapa da revista, non tes que facer nada: seguirás recibíndoa puntualmente no teu correo postal. En caso contrario fáinolo saber para cursar a baixa da túa subscrición.