A XLVI Romaxe de Crentes galegos e galegas promete ser unha xornada inesquecible, chea de espiritualidade e conexión coa natureza. Únete a nós e fai de faro para convidar a túa contorna. Entre todos e todas poderemos contribuír á construción dun mundo máis sostible e xusto.
‘A Terra Quer Coidados’
A romaría deste ano céntrase na importancia de preservar á natureza, unha preocupación cada vez máis relevante no contexto actual de cambio climático e degradación ambiental.
Cando?
O sábado 14 de setembro.
Horario:

Onde?
En Lodoselo. Sarreaus. A Limia (Ourense)
Como chegar a Lodoselo (Campo da Lama)
Coordenadas:
Latitude 42º 4´ 13.86´´ N
Lonxitude 7º 35´ 34.05´´ W
- Vindo de Ourense Pola A-52, tómase a saída Abavides PK 188 (é a seguinte á de Xinzo de Limia).
- Incorporámonos á N-525 e collemos á dereita (só quedan uns 10 Km).
- A 1 Km aproximadamente está Portoalto. Aí collemos a estrada cara Sarreaus. Se vos fixades veredes o cartel que temos en verde: Centro social, Comedor, Albergue do Pobo escola, LODOSELO.
- Ese cartel tamén o atoparedes en Sarreaus cando cheguedes á estación de servizo (que está cerrada). Tamén colledes á dereita. (Se fose no Pavillón, pola chuvia, no medio do pobo xa está o indicador entre a farmacia e o mesón o Caserío co indicador cara o Colexio e o Pavillón).
- A maiores imos poñer indicadores que recen: Romaxe.
Instruccións:
Podes traer unha cadeira e algo para o sol (gorro, chapeu, visera, sombreiro de palla…)

Queres durmir alí?
- No CDR O Viso contan cun acolledor albergue (Reservas e máis información no 988 461 571 – cixdalimia@cdroviso.org – https://www.cdroviso.org/albergue.html)
- Ou si o prefires en aloxamentos da contorna como o da ‘Aldea rural Couso’ (https://aldeacouso.com/)
Algunha dúbida?
Contacta con nós en irimia@irimia.gal