Se vós calades, as pedras cantarán

Bascuas-Guitiriz

13 de setembro. 2025

Nun lugar moi especial,que invita á ledicia do encontro, coa capeliña que se ve, o castro que se adiviña, o regato, os carballos e as pedras que contan e cantan.

Unha descuberta, homenaxe agradecida e tamén recreación de tradicións herdadas, lendas e saberes, como a da chave de Bascuas, que sandaba o mal da rabia pola graza da Nosa Señora. Porque hai moito andazo e moita sombra que curar, moito odio que escorrentar.

Unha homenaxe tamén á música popular, á asociación Xermolos, á beleza que nos move e nos conmove, que crea comunidade, que nos transporta ao misterio dun Amor que namora, que anima e alegra a vida.

Porque nunca nada, nin ninguén, nos debe roubar a alegría.

Por un verán cheo de encontros e horizontes!

Botádevos ao monte, ao mar, á aldea… e deixade que o verán vos encha de luz e aire!

En setembro vémonos na Romaxe para seguir facendo camiño!