A Asociación Encrucillada organiza unha nova edición do seu emblemático Foro Encrucillada, que chega á súa 38ª edición. O evento terá lugar o próximo sábado 5 de outubro no salón de actos da Compañía de María, en Santiago de Compostela, co lema “Igrexa aberta por reformas”. O obxectivo principal é abrir un espazo para a reflexión e o diálogo sobre o futuro da Igrexa en Galicia, abordando os desafíos actuais e a necesidade de acoller os cambios sociais e achegarse ás periferias.
Programa
Esperámosvos no Foro!
Convida a quen penses que lle poda interesar