“Devezo que as súas Maxestades lles traian moita saúde”
Na cativada non é así, entre outras cousas porque a velocidade do tempo non é a mesma ca a dos adultos, porque non hai máis preocupación que o goce propio dos días de Nadal e porque ano novo significa comezar unha conta atrás ata a noite máxica de Reis. E, falando desta noite, quero lembrarme dun libro que naceu en 1999 e, tras máis de medio século, segue tan vivo que ano tras ano non deixa de atrapar as xeracións máis novas: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.
Pois ben, falamos dun best-séller das nosas letras que, baixo a historia de Martiño, logra atraparnos de inicio a fin, pasando por un carrusel de sensacións, á vez que nos divirte coa súa melodía:
«O tren de Martiño, chu, chu, chu,
vai polo camiño, chucu, chucu, chu».
Supoño que o seu escritor, Chema Heras, e o seu ilustrador, Kiko da Silva, pouco podían imaxinar que este álbum ilustrado tivese tan longo percorrido cada vez que asoma este día tan especial.
Dito isto, queridos/as lectores/as, se len este Peto antes da Epifanía, devezo que as súas Maxestades lles traian moita saúde, e se o len despois, desexo que xa gocen plenamente dela. Con todo, non esquezan que o mellor de todo é coidarse e ser bos para poder coidar e facer ben aos demais.
Feliz ano!