Como consumidora de series (seguramente en exceso), estou descubrindo persoaxes diferentes, únicos, doutores con autismo, profesores con TOC, catedráticos con enfermidade mental grave, persoaxes con dificultades de encaixar na sociedade, pero como bos persoaxes principais destacables na sua profesión, cos seus sufrimentos pola dificultade de ser “diferentes”, pero que na pantalla fanse querer, e as súas peculiaridades fannos velos incluso divertidos, fannos sentir tenrura cara eles/elas, e quizaís intentar comprendelos.
O actor Freddie Highmore na serie The Good Doctor
O actor Freddie Highmore é Shaun Murphy, un médico extraordinario que padece autismo e Síndrome do Savant na serie ‘The Good Doctor’
No mundo real, ao mellor é máis complicado. Dámoslle a oportunidade a todas as persoas de encaixar, de facerlle máis amable o mundo que lles rodea? Dámonos a oportunidade de sentirnos diferentes, e non crernos seres raros? Cada persoa é única, cada unha de nós, sentimos e vivimos as cousas de maneira diferente, hai persoas que lles encanta estar nas multitudes, e a outras que atoparse no medio delas provócalles ataques de ansiedade, e mesmo outras que o manexan como ben poden disimulando a súa incomodidade por estar rodeada de moita xente. A comprensión do resto, de todas nós, as veces é escasa, e o que non comprendemos, non intentamos entendelo, aprecialo, aceptalo.

É verdade, que témonos que dar a oportunidade de coñecer, de interactuar, de comprender, de observar, e có tempo tamén imos aprendendo, cómo funcionan as demáis persoas, e mesmo como funcionamos nós mesmas. E coñecéndonos mellor, tamén comezamos a coñecer ao resto de persoas coas que convivimos, coas que coincidimos, coas que interactuamos, ou que só coñecemos de vista. Todas somos diferentes, unas máis baixas, outras máis altas, outras con miopía, outras con trastorno de espectro autista, outras con personalidade obsesiva, outras con altas capacidades, outras con discapacidade intelectual, e todas convivimos no mesmo espazo, na mesma sociedade; así que si o facemos máis afable para todas, tamén o é para nós.