No medio de tantos conflitos mundiais, sóñase un Nadal de PAZ para todos e todas. Sóñase que por unha vez cesen todas as guerras e poidamos escoitar a voz dos cativos en cada praza ou en cada parque do mundo. Escoitala, sobre todo, naqueles espazos nos que durante décadas soamente soou o estrondo das bombas.
Cando se aveciñan estas festas tan fermosas para a cativada, penso que precisamos gobernos que gobernen para a infancia, que cada decisión que se tome sexa téndoos en conta e protexéndoos, lonxe de conflitos e coas necesidades básicas cubertas. Precisamos tamén sociedades implicadas na educación e adultos que escoiten e lle dediquen tempo. Precisan que lle deixemos un mundo mellor ca o actual. Ao fin, precisan ser felices.
Queda como reflexión unha frase de María Montessori: “Se existe para a humanidade unha esperanza de salvación e axuda, esta non poderá vir máis ca do neno porque nel constrúese o home”.
BO NADAL!