Pensando na importancia de estar san, na frase de “que ben se está, cando se está ben!”, e cando non o estamos, acudimos ao centro de saúde, ou mais ben pedimos unha cita e agardamos a que dentro de dez ou quince días nos toque explicar o que nos doia e preocupaba había dúas semanas. Mais, non protestamos, e si o facemos, igual nos diriximos ás persoas traballadoras, que por suposto, non teñen a culpa da falta de persoal, da falta de quenda, de axendas sin ocos etc. ou arriscámonos a acudir a urxencias, e agardar con dor e malestar unhas cantas horas o noso quenda.

conformámonos con protestar cada unha polo seu caso

Si que existen plataformas de protesta, como a plataforma pola defensa do centro de saúde de Seixo, e outras cantas máis, que sempre están atentas ás inxustizas que se veñen producindo na saúde pública, de todas nós, mais non é suficiente esa queixa, a saúde é de todas e para todas, e acomodámonos, ou conformámonos con protestar cada unha polo seu caso nunha charla coas amizades, pola tardanza da súa cita co facultativo especialista, pero como sociedade, coma conxunto…estamos caladiñas.

Agora, na plataforma E-saúde, ademais de indicar cando o persoal médico solicitou a túa cita coa especialidade, indica cal sería a data da cita idónea, é dicir a que calculaba en teoría ese facultativo, e cando despregas a páxina non sabes ben que pensar, cando ollas cita idónea con especialista tal, o 26/03/2023, si, xa pasou máis dun ano da cita idónea….Isto é verídico, e ademais verdade.

E seguimos conformes, poñemos unha queixiña en atención ao paciente….que algún profesional contestará, e seguimos agardando, con dores, malestar, tragando unha chea de pastillas (que si nos recetan), mais sin a atención idónea. E, sen unirnos como conxunto e protestar, e sen berrar alto que queremos, precisamos, un servizo público de saúde de calidade.

© foto: Faro de Vigo