En clave de sororidade, podemos dedicarnos as seguintes verbas. “Podemos mercarnos flores, mercarnos libros e o que nos faga felices, podemos escribir o noso nome na area da praia, nun contrato de traballo ou nun poema revolucionario. Podemos falar con nós mesmas durante horas, coas amizades, coas compañeiras e apertar fortemente as nosas mans. Podemos bailar soas, acompañadas, con pandeiretas ou con guitarras eléctricas, podemos cantar, berrar e dicir cousas que outros non entenderán. E o máis importante é que podemos e debemos amarnos a nós mesmas mellor do que poden moitos outros.” Porque deberiamos querernos hoxe o dobre, polos días que nos quixemos a metade.